🎉🎟️ 🎟️🎉
As rifas poderán adquirirse desde este luns e ata o venres, 19 de xuño, sempre e cando non se esgoten antes. 😜
E o prezo? Pois preparádevos… Cada rifa custa 100 euros.
Tranquilidade! Era unha broma. Quitádelle dous ceros. Cada rifa custa tan só 1 euro.
Cantas máis papeletas teñades, máis oportunidades teredes de levar algún dos fantásticos premios para casa!
Antes de presentar os premios, queremos facer un agradecemento moi especial. Esta iniciativa foi posible grazas ao traballo realizado pola Comisión de Festas e, desde a Directiva da AFA, queremos recoñecer especialmente a implicación de Nuria, Raquel e Ofelia, que colaboraron na coordinación, deseño e demais xestións necesarias para sacar adiante esta actividade. Moitísimas grazas ás tres pola vosa dedicación, tempo e ilusión.
Tamén queremos agradecer a todos os comercios de barrio e empresas colaboradoras que, de maneira totalmente desinteresada, contribuen con diferentes agasallos para facer posible este sorteo.
COMO COMPRAR AS RIFAS?
As rifas poderán adquirirse desde o luns, 15 de xuño, ao xoves, 18 de xuño, de 17:00 h a 18:30 horas. O venres, 19 de xuño, no stand da AFA, de 17:30 a 19:30 h
Por favor, tentade traer moedas ou billetes pequenos para facilitar o traballo das persoas encargadas da venda.
🏆 PREMIOS DO SORTEO
Os premios sortearanse na seguinte orde:
1️⃣ Galogrin – Mochila, Sudadeira, Medias
2️⃣ A Gatiña Presumida – Vale para unha sesión de uñas
3️⃣ D’ Pingas – Petit brunch para dúas persoas
4️⃣ Cuarto de Libra – Almorzo para dúas persoas
5️⃣ Camiseta asinada por Iago Aspas
6️⃣ Sala Capitol – 2 entradas para un concerto
7️⃣ Lema y Asociados – Dron infantil
8️⃣ Reset – Bono de adestramento persoal
9️⃣ Mercador Boanergés – Cea para dúas persoas
🔟 Construcións Mourullo – Bicicleta infantil
COMO SERÁ O SORTEO?
O sorteo celebrarase durante a Festa de Fin de Curso, a partir das 19:45 horas do 19 de xuño.
A medida que se vaian extraendo as papeletas gañadoras, anunciarase o número premiado e concederase un prazo máximo de 5 minutos para que a persoa agraciada se identifique e recolla o seu premio.
Se transcorrido ese tempo non aparece a persoa gañadora, procederase a realizar un novo sorteo dese premio.
🎪 E O DÍA DA FESTA…
Teremos preparado un pequeno stand onde poderedes ver os premios expostos, a urna do sorteo e todo listo para vivir un dos momentos máis emocionantes da tarde.
Non o dubidedes: por só 1 euro, podedes colaborar coa AFA e, ademais, levar algún destes fantásticos agasallos para casa.
🍀 Moitísima sorte a todas e todos!
