Actualización (29/07/2026) do Resultado da adxudicación de prazas: persoas admitidas e lista de agarda
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

ACTUALIZACIÓN INFORMATIVA
Algunhas actividades aínda non acadaron o número mínimo de inscricións necesario para poder iniciarse.
Co obxectivo de ofrecer todas as opcións posibles ás familias e facilitar que estas actividades poidan finalmente levarse a cabo, o prazo de inscrición nestes casos permanecerá aberto ata cubrir as prazas dispoñibles ou, como máximo, ata 15 de setembro.
Se durante ese período se alcanza o número mínimo de participantes, a actividade iniciarase con normalidade ao comezo do curso. Pola contra, se non se acada ese mínimo viable, lamentablemente a actividade non poderá realizarse.
Animamos ás familias interesadas a valorar estas actividades e a compartir esta información, xa que cada nova inscrición pode contribuír a que finalmente poidan saír adiante.
Adxudicación de prazas
-
-
- As prazas asignaranse por orde de inscrición.
- Terán prioridade as crianzas que estivesen matriculadas na mesma actividade durante o último curso no que esta se impartiu.
- Aquelas familias que non teñan ao día o pago da cuota de asociadas do curso 2025/2026 non poderán acceder a este servizo.
-
Desenvolvemento das actividades
-
-
- Para que unha actividade poida realizarse será necesario un mínimo de 10 participantes inscritos.
- A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar actividades que non acaden o número mínimo de participantes.
- As actividades que se desenvolven no pavillón deportivo están condicionadas á dispoñibilidade desta instalación. Debido ás obras previstas no centro, estas actividades poderían verse afectadas ao longo do curso. No caso de que as obras impidan o uso do pavillón e non exista unha alternativa viable para a súa realización, a actividade poderá ser suspendida. A AFA informará ás familias coa maior antelación posible de calquera incidencia ou modificación que poida producirse por este motivo.
-
Ampliación de grupos
Co obxectivo de facilitar o acceso ás actividades ao maior número posible de crianzas, aquelas actividades que, polas súas características organizativas e de espazo, o permitan poderán ampliar as prazas en caso de recibir un número elevado de solicitudes. Entre elas inclúense: Ximnasia Rítmica, Baile Moderno, Kárate, Patinaxe, Multideporte e Futbiño.
Nestes casos, a AFA valorará a creación de grupos adicionais para dar cabida ao maior número de participantes posible, sempre que existan os recursos humanos e organizativos necesarios.
Cotas e pagamento
-
-
- As familias que non sexan socias da AFA deberán aboar unha matrícula anual de 30 € por cada participante.
- O pagamento das actividades realizarase con carácter mensual, entre os días 1 e 10 de cada mes.
-
![]()
Normativa
A inscrición en calquera actividade implica a aceptación das Normas Xerais da AFA, dispoñibles para consulta na web da asociación.
Información e consultas
Para consultar a dispoñibilidade de prazas ou resolver calquera dúbida, as familias poden contactar coa coordinadora da AFA a través do correo electrónico:
📧 coordinadoralamas@gmail.com
Coa oferta de actividades extraescolares, a AFA busca complementar a formación das crianzas mediante propostas educativas, deportivas, culturais e de lecer que favorezan o seu desenvolvemento persoal e social.

