Servicios

Na AFA ofrecemos unha variedade de servizos para facilitar a vida das familias e axudar ao desenvolvemento da nosa cativada.

Club de agarda 26/27

 

 

O Club de Agarda é un servizo dirixido ás familias que precisan ampliar o horario de permanencia das súas crianzas no centro entre as 14:00 e as 15:00 horas, sen incluír servizo de comedor. Durante este tempo, as nenas e os nenos estarán atendidos por persoal monitor e participarán en actividades lúdicas e de lecer adaptadas á súa idade.

Reserva de prazas

AMPLIAMOS O PRAZO DE RESERVA DE PRAZAS

O prazo de reserva de prazas estará aberto desde o martes, 16 de xuño, ás 9:00 horas ata o martes, 29 de xuño, ás 23:59 horas. 

Co obxectivo de facilitar a conciliación das familias e permitir unha maior adaptación ás necesidades que poidan xurdir ao longo do curso escolar (cambios laborais, actividades extraescolares, horarios familiares ou outras circunstancias persoais), a reserva do servizo realizarase por trimestres e non para o curso completo.

As familias deberán indicar os días da semana nos que precisan utilizar o servizo durante cada trimestre. Antes do inicio de cada novo período abrirase un prazo para confirmar, modificar ou renunciar á reserva do trimestre seguinte.

Esta fórmula pretende ofrecer unha maior flexibilidade ás familias e, ao mesmo tempo, facilitar unha planificación máis axustada do servizo e dos recursos necesarios para a súa correcta prestación.

Custo do servizo

O prezo do Club de Agarda para o curso 2026-2027 será de 1 euro por día de uso reservado

Modificacións e baixas

As reservas teñen carácter trimestral. Non obstante, poderán realizarse cambios puntuais por motivos xustificados, sempre que se comuniquen antes do día 20 do mes anterior ao que se queira aplicar a modificación.

As comunicacións recibidas despois desa data non eximirán do pagamento dos días inicialmente reservados, aínda que o servizo non sexa utilizado.

Os cambios puntuais refírense a situacións excepcionais e non a modificacións permanentes da reserva realizada.

Adxudicación de prazas

A comunicación da adxudicación de prazas realizarase o 5 de xullo de 2026.

No caso de ser necesario modificar a reserva inicialmente realizada:

  • Para os días correspondentes ao mes de setembro, os cambios deberán comunicarse antes do 3 de setembro de 2026.
  • Para o resto do curso, as modificacións deberán comunicarse antes do 20 de setembro de 2026.

As solicitudes de modificación ou baixa deberán remitirse ao correo electrónico:

📧 coordinadoralamas@gmail.com

Pregamos que, no caso de renunciar ao servizo ou a algún dos días reservados, se comunique coa maior antelación posible para facilitar a organización.

Alumnado de 4º de Educación Infantil

As familias do alumnado de 4º de Educación Infantil deberán realizar a reserva trimestral do mesmo xeito que o resto das familias. Unha vez coñezan o horario definitivo do período de adaptación, poderán contactar coa coordinación para axustar ou anular os días nos que non precisen utilizar o servizo.

Pagamento

Os recibos deberán aboarse antes do día 10 de cada mes.

Lembramos que a falta de pagamento das cotas poderá supoñer, logo da correspondente comunicación á familia, a suspensión temporal ou definitiva da prestación do servizo.

Inscripcións

Abrir chat
AFA do CEIP Lamas de Abade
Hola
¿En qué podemos ayudarte?