![]()
Os menús para infantil e menús adaptados (intolerancias e alerxias) serán servidos pola empresa de catering Barrigola no colexio e por Hostalaría para primaria nas súas instalacións (a excepción dos meses de xuño e setembro que serán servidos pola empresa de catering Barrigola)
O prazo de reserva de prazas abrirase o martes, 16 de xuño, ás 9:00 horas, ata o martes, 29 de xuño, ás 23:59 horas.
O número de prazas das que dispomos é de 160 no comedor de hostalaría e de 50 no comedor do CEIP.
No caso de superar o número máximo de prazas, teremos que aplicar o BAREMO, explicado nas Normas Xerais da AFA, no que se establecen os seguintes criterios:
- 1º Días de uso do servizo no ano anterior: Entre 160 e 180 días: 10 ptos.; 140-160 días: 9 ptos.; 120-140 días: 8 ptos.; 100-120 días: 7 ptos.; 80-100 días: 6 ptos.; 60-80 días: 5 ptos.; 40-60 días: 4 ptos.; 20-40 días: 3 ptos.; 0-20 días: 1 pto.
- 2º Familia socia no curso 2023/2024: 1 punto.
- 3º Irmán/á usuario do comedor/madruga no 2024/2025: 2 puntos.
A reserva é anual, e farase por días da semana, tendo prioridade as reservas de todos os días do curso sobre as de días fixos da semana, e estas sobre calquera outro tipo de solicitude. Ao longo do curso só estarán permitidos, no servizo de comedor e no de madruga, cambios puntuais, sempre que se avise antes do día 20 do mes anterior ao cambio, o que permitirá non ter que aboar o servizo. Se os cambios son comunicados despois desa data, os importes terán que ser aboados polas familias aínda que non utilicen o servizo. Estes cambios puntuais refírense a imprevistos que non supoñan un cambio substancial respecto do reservado.
O 5 de xullo comunicarase a adxudicación de prazas e, de ser o caso, a lista de agarda. Se por algún motivo é necesario facer cambios, deberá facerse antes do 3 de setembro para os días do mes de setembro, e en todo caso antes do 20 de setembro para a reserva do resto do ano.
Pregamos que no caso de dar de baixa algún servizo se envíe un correo electrónico á maior brevidade posible a: coordinadoralamas@gmail.com.
Os usuarios/as de 4º E.I. farán, ao igual que o resto de familias, a reserva para todo o ano, e cando coñezan cal será o horario do seu período de adaptación deberán poñerse en contacto coa coordinadora para anular os días que non precisen usar.

Os recibos deberán pagarse antes do día 10 de cada mes. Recordamos que non estar ao corrente dos pagos, pode implicar, previa comunicación á familia, a non prestación do servizo.
Por último, recordarvos que é preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia (haberá que presentar certificado médico).
