Estimadas familias:
A esta actividade poderán acudir os nenos e as nenas de infantil e primaria.
Farasen duas veladas nocturnas o día 26 de xuño e o 10 de xullo .
Das 20:00 ás 9:00 do día seguinte.Tamén tedes a opción de reservar o día seguinte con actividades e o servizo de comedor.
Achegamos o formulario de preinscrición onde podedes consultar o prezo .
![]()
Apúntate!
![]()
Entrada:
As familias deberán acceder ao recinto a través da cancela lateral que está ao lado do pavillón municipal, que unicamente estará aberta de 20:00 a 20:30. Non se poderá acceder ao recinto despois desa hora.
Rutinas:
Durante a acampada realizaranse distintos xogos: procura do tesouro, concurso de baile, mímica, a caixa tola…Procurarase en cada actividade a integración e a participación activa de todos e todas as participantes, de xeito que a velada se adapte a todas as idades.
Durmirase en saco con esterilla no salón de actos do colexio.
Cea:
Pizza
Será preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Almorzo:
O prezo da velada inclúe o almorzo. Os nenos e nenas que xa o abonen como usuarios do campamento de verán non teñen que pagar o almorzo da velada.
Saída:
Recolleranse aos nenos/as na porta do salón de actos situada no patio cuberto ás 9:00 do día seguinte. Para elo accederase ao recinto a través da cancela lateral que está ao lado do pavillón municipal.
Cousas que teñen que traer:
• Saco e esterilla
• Pixama e pantuflas
• lanterna
• Muda para o día seguintes
• Accesorios de aseo persoal (cepillo de dentes, dentífrico, cepillo do pelo…)
Preinscrición.
Ofértanse un total de 40 prazas.
A reserva farase dende o mércores 11 de xuño a partir das 16:30h (nos se admitirán formularios que cheguen antes desa hora) ata o mércores 18 de xuño.
Haberá que cubrir o formulario de preinscrición adxunto e envialo á coordinadora por correo electrónico ( coordinadoralamas@gmail.com ) ou entregarllo en man.
Informarase sobre a adxudicación de praza o xoves 19 de xuño. A adxudicación de prazas farase segundo orden de entrega deste formulario. Terán preferencia as reservas dos usuarios do campamento de verán e destes os que teñan maior número de días solicitados.
Unha vez dado o aviso de adxudicación de praza, deberá facerse o ingreso antes do martes 24 de xuño.
Daranse instrucións de como formalizar o pago cando se avise da adxudicación de praza.
Necesítase un mínimo de 20 alumnos/as para realizar a velada.
Segundo as Normas Xerais da AFA para participar en calquera actividade organizada pola mesma será necesario pagar unha matrícula/cuota de socio/a anual.
Para calquera aclaración non dubidedes en poñervos en contacto coa coordinadora Mamen.
Un saúdo

