Organizamos dous novos obradoiros dirixidos ás familias, pensados como espazos para compartir, aprender e medrar xuntas arredor de cuestións fundamentais no acompañamento das crianzas.
📅 27 de maio
🧠 Benestar emocional na familia
📅 4 de xuño
💜 Educación sexual na familia
⏰ Horario: de 16:30 a 18:00 h
📍 Lugar: CEIP Lamas de Abade
⏳ Duración: 90 minutos
👥 Grupo mínimo: 10 persoas
A través destas sesións abordaranse cuestións clave como a comunicación en familia, os coidados emocionais ou a educación sexual desde unha perspectiva consciente, respectuosa e adaptada ás diferentes etapas da infancia e adolescencia.
Ademais, co obxectivo de facilitar a conciliación, ofrecerase un servizo de canguraxe paralelo aos obradoiros para as familias participantes.
Inscrición
