Desde hoxe xa podedes consultar na páxina web da AFA as listaxes de admisión das actividades extraescolares para o curso 2026/2027.
Publicamos as listaxes de persoas admitidas, as listas de agarda e tamén información sobre aquelas actividades que, polo momento, non poderán iniciarse ao non acadar o número mínimo de inscricións necesario.
Agradecémosvos a confianza depositada na oferta de actividades da AFA e a participación neste proceso.
Pregámosvos que revisedes con atención as listaxes que podedes consultar na web da AFA. Co fin de garantir que toda a información sexa correcta e que todas as familias teñades a oportunidade de comunicar calquera posible incidencia, abrimos un prazo de subsanación de erros ata o 10 de xullo (incluído).
Se detectades algún erro ou precisades facer algunha aclaración, agradecémosvos que nolo fagades chegar dentro dese prazo para poder revisalo e resolvelo coa maior axilidade posible. As comunicacións deberán chegar por escrito ao correo anpaceiplda@gmail.com e levar en asunto ‘Subsanación erros actividades extraescolares’, indicade o nome, apelidos e curso do menor, no corpo do correo electrónico.
Co obxectivo de facilitar a conciliación e que máis crianzas poidan participar nas actividades da AFA o vindeiro curso, abrimos un prazo extraordinario de inscrición nas actividades extraescolares.
📅 Prazo extraordinario de inscrición:
Do venres, 3 de xullo, ata o martes, 10 de xullo (incluído).
As actividades nas que aínda quedan prazas dispoñibles son:
- 🎵 Iniciación musical: 5 prazas
- ⚽ Multideporte A: 1 praza
- 🎨 Pintura: 6 prazas
- 🎭 Teatro:7 prazas
- 🤖 Robótica A (Educación Infantil): 8 prazas
- ♟️ Xadrez: 10 prazas
- ⚽ Multideporte B: 14 prazas
- 🛼 Patinaxe B: 6 prazas
- 💃 Baile moderno: 3 prazas
- 🥋 Karate: 10 prazas
- 👩🍳 Cociña creativa (mércores): 3 prazas
- 🏑 Hockey: 6 prazas
- 🤖 Robótica B: 1 prazas
- 🔬 Ciencias divertidas: 8 prazas
- ⚽ Futbiño: 1 praza
- 🎮 Games Club:10 prazas
- 🏀 Baloncesto A: 5 prazas
- 🏀 Baloncesto B: 3 prazas
Antes de realizar a inscrición, lembrámosvos a importancia de consultar o dossier de actividades extraescolares, onde atoparedes toda a información relativa aos prezos, ratios, horarios e características específicas de cada actividade.
📢 Resolución das solicitudes
Unha vez rematado este prazo extraordinario, o 21 de xullo actualizaranse as listaxes.
As actividades que acaden o número mínimo de participantes durante esta convocatoria extraordinaria continuarán abertas á incorporación de novas inscricións ata o inicio do curso escolar ou ata completar o número máximo de prazas dispoñibles.
Deste xeito, as familias que aínda non se inscribiron ou que se incorporen máis adiante terán a oportunidade de solicitar praza sempre que existan vacantes.
