A AFA Lamas de Abade convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria do curso 2025/2026, que terá lugar o:

📅 Mércores, 3 de decembro de 2025

⏰ 16:00 h (1ª convocatoria)

⏰ 16:30 h (2ª convocatoria)

📍 Lugar: CEIP Lamas de Abade (aula por confirmar)

Descargar convocatoria

De acordo co artigo 24 dos Estatutos da asociación, a asemblea quedará validamente constituída en 1ª convocatoria coa presenza da maioría das persoas asociadas e, en 2ª convocatoria, calquera que sexa o número de asistentes.
O horario de apertura do centro é de 16:30 a 18:30 horas, polo que se axusta a hora da 2ª convocatoria para aproveitar o tempo dispoñible.

Servizo de garda infantil

As familias que o precisen poderán facer uso dun servizo de garda gratuíto, previa reserva a través do formulario. Se precisades este servizo, indicado no formulario de inscrición.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA ASEMBLEA 

 

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior. Con esta convocatoria achégase a acta da última asemblea presencial que tivo lugar o 09/09/2025.
  2. Presentación da xunta directiva
  3. Información sobre o inicio do curso
  4. Presentar e aprobar se procede as contas 2024/2025. Presentar e aprobar se procede o orzamento 2025/2026
  5. Aprobar modificación de estatutos.
  6. Rogos e preguntas. 

Engadir que podedes solicitar máis información a AFA a través do correo electrónico anpaceiplda@gmail.com

A vosa participación é fundamental para seguir mellorando os servizos que presta a AFA e para fortalecer a vida comunitaria do centro.

Abrir chat
AFA do CEIP Lamas de Abade
Hola
¿En qué podemos ayudarte?