Comprácenos convocar a todas as familias socias á asemblea xeral extraordinaria que terá lugar o:
Venres, 25 de setembro de 2026
16:45 h
CEIP Lamas de Abade (aula por confirmar)
ORDE DO DÍA
-
Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
-
Valoración do inicio do curso escolar.
-
Valoración e seguimento das actividades extraescolares.
-
Proposta de modelo organizativo e funcionamento do servizo de comedor: análise, valoración e, se procede, adopción de acordos.
-
Valoración e aprobación de novas incorporacións de persoas socias á Xunta Directiva.
-
Rogos e preguntas.
![]()
FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA ASEMBLEA
Para facilitar a organización da reunión, pregamos que confirmedes a vosa asistencia a través do formulario habilitado para ese fin.
Servizo de garda infantil 
Sabemos que conciliar non sempre é doado. Por iso, durante a asemblea ofreceremos un servizo gratuíto de garda infantil, para que todas as familias que o precisen poidan participar con maior tranquilidade. Se ides facer uso del, lembrade indicalo no formulario de inscrición.
A AFA é de todas as familias. Animámosvos a participar, dar a vosa opinión e achegar propostas.
Agardamos contar convosco.
