A AFA Colexio Lamas de Abade convoca a súa Asemblea Xeral Extraordinaria do curso 2025/2026, que terá lugar o:
📅 Sábado, 9 de maio de 2026
⏰ 10:00 h
Lugar: CEIP Lamas de Abade
Descargar convocatoria
Servizo de garda infantil 
Queremos facilitar a vosa asistencia. Por iso, contaremos cun servizo de garda gratuíto para os nenos e nenas durante a reunión. Importante: É necesario facer reserva previa a través do formulario de inscrición
FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA ASEMBLEA
ORDE DO DÍA 
- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
- Información sobre a situación das obras do pavillón
- Estado dos accesos ao CEIP Lamas de Abade.
- Presentación do catálogo de actividades extraescolares 2026/2027. Debate e votación.
- Rogos e preguntas.
Engadir que podedes solicitar máis información a AFA a través do correo electrónico anpaceiplda@gmail.com
A vosa participación é fundamental para seguir mellorando os servizos que presta a AFA e para fortalecer a vida comunitaria do centro.
