Comprácenos convocar a todas as familias socias á asemblea xeral ordinaria que terá lugar o:
Luns, 29 de xuño de 2026
16:30 h
Lugar: CEIP Lamas de Abade
FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA ASEMBLEA
ORDE DO DÍA
-
Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
-
Repaso dos servizos de cara ao curso 2026/2027
-
Valoración e aprobación no seu caso da cuota de socios para o curso 2026/2027
-
Valoración e aprobación no seu caso do cobro de asistencia ás festas da AFA ás familias non socias
-
Valoración e aprobación no seu caso de suba da cuota do club de agarda para o vindeiro curso 2027/2028
-
Información sobre o estudo dun posible cambio de provedor do servizo de catering
-
Axudas solicitadas e concedidas
-
Rogos e preguntas.
Servizo de garda infantil 
Queremos facilitar a vosa asistencia. Por iso, contaremos cun servizo de garda gratuíto para os nenos e nenas durante a reunión. Importante: É necesario facer reserva previa a través do formulario de inscrición
A vosa participación é esencial para continuar mellorando os servizos que ofrece a AFA e para seguir construíndo unha comunidade educativa máis forte, participativa e cohesionada.
Agradecémosvos de antemán o voso tempo, implicación e colaboración, e agardamos poder contar convosco.
