Xa temos dispoñible toda a información relativa ao Campamento de Verán, unha proposta pensada para facilitar a conciliación e ofrecer ás crianzas un espazo de lecer, xogo e convivencia durante o período non lectivo.
📅 Datas e quendas
- Do 22 ao 30 de xuño
- Do 1 ao 15 de xullo
- Do 16 ao 31 de xullo
- Posibilidade de semanas soltas ou días soltos
🕒 Horarios e prezos
| Quendas (Datas) | Madrugadores
(7:30 a 9:00) |
Actividades
(9:00 a 14:00) |
Comedor
(14:00 a 16:00) |
| Con Almorzo / Sen Almorzo | Diversión e xogos | Xantar e coidado | |
| Do 22 ao 30 de xuño | 15 € / 12 € | 65 € | 45 € |
| Do 1 ao 15 de xullo | 27 € / 22 € | 119,50 € | 83 € |
| Do 16 ao 31 de xullo | 30 € / 24 € | 131 € | 91 € |
| Semana 22 ao 26 xuño | 12 € / 9 € | 46 € | 33,50 € |
| Semana solta | 13 € / 15,50 € | 57 € | 41 € |
| Día solto | 3 € / 3,50 € | 12 € | 8,50 € |

🍽 Servizos complementarios
- Os servizos de madrugadores e comedor son opcionais
- Para a súa realización é necesario un mínimo de 8 nenos/as inscritos/as
- O servizo de comedor será xestionado por empresa especializada
- ⚠ É imprescindible comunicar calquera alerxia ou intolerancia alimentaria á coordinadora
📝 Inscricións
- Ofértanse un total de 70 prazas
- Prazo de reserva: do 22 de abril ao 8 de maio (non se admitirán solicitudes antes desa data)
- A inscrición realizarase mediante formulario
- Terán preferencia as reservas con maior número de días (quincenas > semanas > días soltos)
- O 18 de maio informarase da adxudicación de prazas
💳 Pagamento
Unha vez confirmada a praza, deberá realizarse o ingreso antes do 25 de maio. As instrucións enviaranse xunto coa confirmación.
Segundo as Normas Xerais da AFA, é necesario estar ao día na cota anual de socio/a para participar nas actividades.
🎨 Actividades
Durante o campamento realizaranse:
- Xogos e dinámicas de grupo
- Actividades deportivas
- Obradoiros creativos e manualidades
- Excursións
Todas as propostas estarán adaptadas ás idades e necesidades das crianzas, promovendo a participación, a cooperación e o bo ambiente.
📩 Para calquera aclaración, podedes contactar coa coordinadora:
📧 coordinadoralamas@gmail.com
📞 662 38 22 94
