Desde hoxe, 1 de xullo, está aberto o prazo para solicitar as bolsas de comedor escolar, material escolar e actividades extraescolares do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2026-2027.

A convocatoria foi publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 30 de xuño de 2026.

Prazo de presentación de solicitudes:  As solicitudes poderán presentarse ata o martes, 14 de xullo de 2026 (incluído).

Estas axudas están dirixidas ás familias con fillos e fillas matriculados en Educación Infantil (2º ciclo), Educación Primaria e Educación Especial en centros públicos ou concertados do municipio de Santiago de Compostela.

Axudas convocadas

Comedor escolar

Material escolar

Actividades extraescolares

Requisitos

Entre outros requisitos, a unidade familiar debe estar empadroada no Concello de Santiago de Compostela.

Recomendámosvos ler atentamente as bases da convocatoria, xa que este ano se incorporan novidades e modificacións respecto ao curso anterior que poden resultar de interese para moitas familias.

Na páxina web do Concello atoparedes toda a información relativa a esta convocatoria, así como as ligazóns para consultar as bases e acceder á tramitación da solicitude:

Abrir chat
AFA do CEIP Lamas de Abade
Hola
¿En qué podemos ayudarte?