Día Velada
Acampada e cea
Almorzo*
Xoves 26 de xuño
20€
3€
Xoves 10 de xullo
* Terá que pagar o almorzo o usuario/a que non abone o servizo de Madruga con almorzo no campamento o día seguinte da acampada.
Aqueles nenos/as que queiran quedar ao día seguinte e non estén xa anotados deberán abonar a maiores do prezo da velada 9,5 euros en concepto de actividades e se queren utilizar o servizo de comedor 7 euros máis.
É preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Ofértanse un total de 40 prazas.
A reserva farase dende o mércores 11 de xuño a partir das 16:30 (non se admitirán formularios que cheguen antes desa hora) ata o mércores 18 de xuño. Unha vez cuberto este formulario de preinscrición, entregarase en man ou se enviará á coordinadora Mamen por correo electrónico (coordinadoralamas@gmail.com)
Informarase sobre a adxudicación de praza o martes 19 de xuño. A adxudicación de prazas farase segundo orden de entrega deste formulario. Terán preferencia as reservas dos usuarios do Campamento de verán e destes os que teñan maior número de días solicitados.
Unha vez dado o aviso de adxudicación de praza, deberá facerse o ingreso antes do martes 24 de xuño. Daranse instrucións de como formalizar o pago cando se avise da adxudicación de praza.
Segundo as Normas Xerais da AFA para participar en calquera actividade organizada pola mesma será necesario pagar unha matrícula/cuota socio/a anual. Necesítase un mínimo de 20 usuarios para realizar a velada.
SocioNON Socio
Xoves 26 de xuñoXoves 10 de xullo
Santiago de Compostela, de de 2025
A preinscrición nas actividades supón a aceptación das normas xerais da AFA (Pódense consultar no blog).
De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, solicitámoslle algúns datos de carácter persoal. En cumprimento do artigo 13 do Regulamento Europeo de Protección de Datos informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro cuxo representante é a ANPA do CEIP Lamas de Abade, con domicilio social Rúa Lamas de Abade, 15702 Santiago de Compostela. A finalidade é xestionar as actividades organizadas pola asociación así como levar a cabo a xestión fiscal, contable e administrativa. Os datos proporcionados conservaranse mentres permaneza de alta como asociado, ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais e esta Asociación comprométese a non prestar os seus datos de carácter persoal a ninguén. Se o desexa poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito dirixido ao enderezo anteriormente citado ou ao correo electrónico anpaceiplda@gmail.com, acompañando fotocopia de DNI ou no seu defecto documento que acredite a súa debida identidade.
Inglés
Funciona con OneTap
Por defecto