A AFA Colexio Lamas de Abade convoca ás persoas socias á próxima Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o venres 16 de outubro.
Nesta ocasión, ademais da presentación das contas do pasado curso e do orzamento para o actual, abordarase a renovación da Xunta Directiva tras a dimisión de cinco dos seus membros.
📅 Venres, 16 de outubro de 2026
⏰ 16:45 h
📍 CEIP Lamas de Abade (aula por confirmar)
Orde do día
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
- Presentación e aprobación, se procede, das contas correspondentes ao curso 2025/2026 e do orzamento para o curso 2026/2027.
- Dimisión de cinco membros da actual Xunta Directiva.
- Elección e aprobación, se procede, de novas persoas integrantes da Xunta Directiva ou, de non acadarse o mínimo estatutario, valoración e aprobación das medidas que procedan.
Renovación da Xunta Directiva
De acordo cos Estatutos da asociación, a Xunta Directiva debe estar formada por un mínimo de catro membros, elixidos pola Asemblea Xeral mediante listas abertas. Será posteriormente a propia Xunta Directiva a que distribúa os diferentes cargos entre as persoas que a integren.
A elección require o voto favorable de dous terzos das persoas socias presentes na Asemblea. Así mesmo, a Asemblea quedará validamente constituída independentemente do número de persoas socias asistentes.
Dada a importancia desta convocatoria para garantir a continuidade da asociación, animamos ás persoas socias a participar e tamén a valorar a posibilidade de incorporarse á Xunta Directiva.
Inscrición
Para facilitar a organización da Asemblea, pregamos que as persoas que teñan previsto asistir confirmen a súa participación a través do formulario:
👉 https://i.gal/afalamas
Servizo gratuíto de garda infantil
Co obxectivo de facilitar a conciliación e favorecer a participación das familias, durante a Asemblea ofrecerase un servizo gratuíto de garda para os nenos e nenas.
As familias que precisen facer uso deste servizo deberán indicalo no formulario de inscrición.
Documentación
A documentación correspondente aos puntos da orde do día será enviada ás persoas socias ao longo da vindeira semana, para que poida ser consultada con antelación á celebración da Asemblea.
A participación das persoas socias é especialmente importante nesta ocasión. A continuidade da AFA e dos seus órganos de representación depende tamén da implicación das familias que forman parte da asociación.
Agardámosvos o venres 16 de outubro ás 16:45 h no CEIP Lamas de Abade.
