Comprácenos convocar a todas as familias socias á asemblea xeral extraordinaria que terá lugar o:

📅 Venres, 25 de setembro de 2026

⏰ 16:45 h

📍CEIP Lamas de Abade (aula por confirmar)

 

  ORDE DO DÍA   

  1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.

  2. Valoración do inicio do curso escolar.

  3. Valoración e seguimento das actividades extraescolares.

  4. Proposta de modelo organizativo e funcionamento do servizo de comedor: análise, valoración e, se procede, adopción de acordos.

  5. Valoración e aprobación de novas incorporacións de  persoas socias á Xunta Directiva.

  6. Rogos e preguntas.

      

 FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA ASEMBLEA

Para facilitar a organización da reunión, pregamos que confirmedes a vosa asistencia a través do formulario habilitado para ese fin.

  Servizo de garda infantil 

Sabemos que conciliar non sempre é doado. Por iso, durante a asemblea ofreceremos un servizo gratuíto de garda infantil, para que todas as familias que o precisen poidan participar con maior tranquilidade. Se ides facer uso del, lembrade indicalo no formulario de inscrición.

A AFA é de todas as familias. Animámosvos a participar, dar a vosa opinión e achegar propostas.

Agardamos contar convosco.

Abrir chat
AFA do CEIP Lamas de Abade
Hola
¿En qué podemos ayudarte?