O vindeiro 30 de abril, de 16:30 a 18:00 horas, celebrarase no CEIP Lamas de Abade o obradoiro “Pornografía, aprendendo da cultura da violación”, unha actividade dirixida ás familias e impartida pola pedagoga Sandra Fernández.

Vivimos nun contexto social marcado pola hipersexualización e o acceso cada vez máis temperán a contidos dixitais. Porén, a educación afectivo-sexual segue sen ocupar un lugar central nin nas escolas nin no ámbito familiar. Neste escenario, a pornografía convértese nun dos principais referentes a través dos cales a infancia e a adolescencia constrúen a súa visión da sexualidade, das relacións e dos roles de xénero.

Este obradoiro propón abrir un espazo de reflexión compartida no que analizar de maneira crítica o impacto da pornografía na sociedade actual, así como as súas relacións coa cultura da violencia e as desigualdades de xénero. Ao mesmo tempo, buscarase ofrecer ferramentas prácticas para que nais e pais poidan abordar este tema coas súas fillas e fillos, desde unha perspectiva educativa, consciente e adaptada ás diferentes idades.

Co obxectivo de facilitar a conciliación, durante o desenvolvemento da actividade ofrecerase servizo de canguraxe paralelo ao obradoiro, atendido por persoal.

Inscricións: https://forms.gle/yeJhNEnf9kmUANVQ7

#FormarmosFanpaCompostela

Esta actividade está subvencionada polo Concello de Santiago  a través do convenio de colaboración coa FANPA Compostela

Abrir chat
AFA do CEIP Lamas de Abade
Hola
¿En qué podemos ayudarte?