Xa está dispoñible toda a información do Campamento de Entroido, que se celebrará os días 16 e 18 de febreiro, unha proposta pensada para facilitar a conciliación familiar e ofrecer aos nenos e nenas un espazo de lecer educativo e divertido durante estas datas.
Horarios e prezos
- Servizo Madruga (7:30 – 9:00 h)
• 2 € sen almorzo
• 2,50 € con almorzo - Actividades (9:00 – 14:00 h)
• 7 € por día - Servizo de Xantar (14:00 – 16:00 h)
• 7 € por día
É imprescindible comunicar á coordinación calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Servizos opcionais: Madruga e Comedor
Os servizos de madruga e xantar son opcionais e ofreceranse unicamente se se acada un mínimo de 10 nenos/as inscritos/as en cada un deles.
- No madruga poderase escoller opción con ou sen almorzo.
- O servizo de xantar será prestado pola empresa Barrigola.
Preinscrición
- Total de prazas: 70
- Prazo de reserva: do 16 ao 30 de xaneiro
- Comunicación de adxudicación: 2 de febreiro
- Terán prioridade as solicitudes con maior número de días solicitados.
Inscrición
![]()
Unha vez confirmada a praza, o pagamento deberá realizarse antes do 9 de febreiro. As instrucións facilitaranse xunto coa comunicación da adxudicación.
Segundo as Normas Xerais da AFA, para participar nas actividades é necesario estar ao día na cota anual de socio/a.
Organización do campamento
- Entrada:
• De 7:30 a 9:00 h con servizo madruga
• De 9:00 a 10:00 h sen madruga
Non se permitirá a entrada despois das 10:00 h. - Saída:
• 14:00 h sen xantar
• 16:00 h con xantar
Rógase puntualidade. En caso de incumprimentos reiterados aplicarase a normativa recollida nas Normas Xerais da AFA.
Accesos
O acceso realizarase pola cancela lateral situada ao lado do pavillón municipal, aberta de 7:30 a 10:00 h e a partir das 13:50 h. Os nenos e nenas accederán ao campamento pola porta do salón de actos, no patio cuberto.
Actividades
O campamento inclúe xogos, deportes, talleres creativos e manualidades, adaptados ás idades e necesidades de cada participante. Promoverase en todo momento a participación, a cooperación, a inclusión e unha convivencia positiva.
Contacto
Para calquera dúbida ou aclaración:
- Correo: coordinadoralamas@gmail.com
- Teléfono: 662 382 294
Inscrición
![]()
