Xa podedes consultar toda a información do campamento de nadal 2025.
O campamento ofrécese os días 22,23, 26, 29 e 30 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro.
Tradicionalmente, os días 24 e 31 de decembro non se ofrece o servizo pero este curso estamos a valorar a posibilidade de ofrecer as actividades tamén nestas datas en horario de 9:00 a 15:00, co obxectivo de adaptarnos ás vosas necesidades de conciliación. Para poder organizalo adecuadamente, agradeceriamos coñecer a vosa necesidade do servizo estes dous días.
![]()
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
![]()
Horarios e prezos
- De 7:30 a 9:00 ( madrugadores: 2 euros sen almorzo/ 2,5 euros con almorzo)
- De 9:00 a 14:00 ( actividades : 7 euros por día)
- De 14:00 a 16:00 ( xantar: 7 euros por día)
É preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Servizos Madruga e Comedor
Os servizos de madruga e o xantar son opcionais, e ofreceranse no caso de chegar a un mínimo de 10 nenos ou nenas inscritos. No madruga, poderán anotarse con almorzo ou sen almorzo cubrindo o formulario.
O servizo de xantar será servido pola empresa Barrigola. Será preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Preinscrición
Ofrécense un total de 70 prazas.
A reserva farase desde o 11 de novembro ata o 30 de novembro.
Informarase sobre a adxudicación de prazas o 9 de decembro. Terán preferencia as reservas con maior número de días solicitados.
Inscrición
Unha vez dado o aviso de adxudicación de praza, deberá facerse o ingreso antes do 15 de decembro. Daranse instrucións sobre como formalizar o pago cando se avise da adxudicación de praza.
Para realizar os servizos de madrugadores e comedor é necesario un mínimo de 10 nenos/as inscritos/as nos mesmos.
Segundo as Normas Xerais da AFA, para participar en calquera actividade organizada pola asociación, é necesario pagar unha cota de socio/a anual.
Desenvolvemento do servizo
O horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será de 9:00 a 10:00. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento).
Prégase que respectedes estes horarios, lembrando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida
especificada nas normas xerais da AFA.
Tanto para a entrada como para a saída, as familias deberán acceder ao recinto a través da cancela lateral que está ao lado do pavillón municipal que unicamente estará aberta de 7:30
a 10:00 e a partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta do salón de actos situada no patio cuberto.
As rutinas diarias serán as seguintes:
-
- De 9:00 a 10:00 – Recepción
- De 10:00 a 10:30 – Movemos o corpo
- De 10:30 a 11:00 – Cancións de campamento
- De 11:00 a 11:30 – Hora da merenda
- De 11:30 a 12:00 – Descanso
- De 12:00 a 13:45 – Actividades previstas para ese día
- De 13:50 a 14:00 – Preparación para o xantar ou para a entrega ás familias
- De 14:00 a 15:00 – Xantar
- De 15:00 a 16:00 – Xogo libre
- Ás 16:00 – Remate da xornada
Actividades
Haberá distintas actividades: xogos, deportes variados, talleres creativos e manualidades. Á hora de realizar os obradoiros terase en conta que se adapten aos rapaces, empregando
sempre materiais que non sexan perigosos e que sexan axeitados para as necesidades de cada neno ou nena. Procurarase en cada actividade a integración e a participación activa de todos e todas as participantes, de xeito que as xornadas do Campamento de Nadal provoquen unha actitude de colaboración, cooperación e participación que fomente unha boa convivencia e un sentimento de compañeirismo.
![]()
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
![]()
Para calquera aclaración non dubidedes en poñervos coa coordinadora coordinadoralamas@gmail.com
Teléfono 662382294
