Prezadas familias

Outro curso máis que está a piques de rematar!
Por iso estades todos e todas convidados á festa coa que daremos a benvida ao verán.

Será o día 20 de xuño de 17:30 a 19:30 e contaremos con diversos obradoiros e actividades.

Agardamos poder contar coa vosa colaboración traendo algo de comer para así poder facer unha merenda conxunta. A bebida xa a poñemos nós.

A entrada realizarase pola porta do patio de colunnas da escola e só se poderá acceder ao centro para facer uso dos aseos situados no patio cuberto.

 

 

Festa fin de curso

Abrir chat
AFA do CEIP Lamas de Abade
Hola
¿En qué podemos ayudarte?