Abrimos a inscrición para o servizo de conciliación “Tardes en Lamas”, que se desenvolverá do 10 ao 30 de setembro de 2026 no Pavillón do CEIP Lamas de Abade.

Horario

📅 De luns a xoves: de 16:30 a 18:30 h

📅 Venres: de 16:30 a 17:30 h

Prezos

Período completo (15 días)

💙 Socias da AFA: 60 €

💚 Non socias: 72 €

Días soltos

💙 Socias da AFA: 5 €/día

💚 Non socias: 6 €/día

ℹ️ Os días soltos estarán suxeitos á dispoñibilidade de prazas.

📝 Inscrición

👉 As familias interesadas poden realizar a inscrición a través do seguinte formulario: 🔗 FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición remata o 1 de setembro ás 23:59 h.

É importante cubrir o formulario dentro do prazo para poder organizar adecuadamente os grupos e o persoal necesario para prestar o servizo.

📩 Unha vez pechadas as inscricións, confirmaremos as prazas e enviaremos ás familias a información necesaria para realizar o pagamento.

⚠️ Número mínimo de participantes

Para que o servizo poida levarse a cabo será necesario contar cun mínimo de 12 nenos e nenas inscritos/as. 👧🧒

No caso de non acadarse este número mínimo de participación, o servizo non poderá realizarse. A AFA informará desta circunstancia ás familias inscritas unha vez rematado o prazo de inscrición.

 

Abrir chat
AFA do CEIP Lamas de Abade
Hola
¿En qué podemos ayudarte?